Concello de Ourense
Piragüismo
Ensinanza de habilidades básicas dos deportes náuticos en xeral e Piragüismo en particular, a través de rutas no río Miño.
Ubicación
Central de Velle
Detalles
  • Todas as actividades de Ociourense son gratuitas
  • A actividade será guiada por un monitor que marcará o ritmo e as normas de obrigado cumprimento.
  • Será obrigatorio o uso do salvavidas, sendo de préstamo para os inscritos na actividade. Para a realización da actividade será obrigatoria a presentación do DNI para a identificación dos usuarios.
  • A duración aproximada das rutas será de dúas horas.
  • Discorrerán polo río Miño.
  • Recoméndase roupa deportiva adecuada a metereoloxía do día, recomendando roupa de abrigo cómoda que permita liberdade de movemento no tren superior e tendo en conta que se levará por encima un chaleco salvavidas.
  • Recoméndase traer roupa de recambio non só para o final senón tamén por se produce unha caída a auga durante a práctica.
  • O tratarse dunha actividade no medio natural, as condicións climatolóxicas poden ser adversas pero non imposibles, de tal forma que a actividade pódese desenrolar con total normalidade. Por ese motivo recomendase levar roupa adecuada a mesma, así coma roupa de recambio. En caso de que non se puidera desenrolar a actividade, avisaríamos coa anticipación procedente.
  • O último día de cada bloque realizarase una travesía de longa duración dende o punto acordado ata o embalse de Oira. De calquer xeito irase informando aos participantes segundo avance a mesma.
  • A actividade será guiada por un monitor que marcará o ritmo e as normas de obrigado cumprimento.
  • Se alguén incumpre as normas o monitor avisará que está fora da actividade e non poderá continuar.
Datas e inscrición
  • Grupo A
  • De 11:00 a 13:00 h
  • 22, 29 de Abril e 06, 13 de Maio
  • Inscríbete como reserva.
  • Grupo B
  • De 11:00 a 13:00 h
  • 20, 27 de Maio e 03, 10 de Xuño
  • Inscríbete a partires do 05/05/2017 as 15:00