Concello de Ourense
Foto en ruta
Queres mellorar as túas fotos de viaxes, de paisaxes, natureza ou do deporte que practicas?

Gústanche as fotos de acción, cunha luz máxica ou que falen por si soas?

Ainda te domina a túa cámara e queres sacarlle o máximo partido?

Apúntate a mellorar esas fotos que queres que fagan xustiza aos sitios que visitas nas túas viaxes, de verán ou de fin de semana. Coa túa familia ou amigos.

Propóñote practicar todas estas técnicas de fotografía durante tres sábados a través de saídas por Ourense, redescubrindo a cidade como se foras un turista acabado de chegar, e os seus arredores, a través de espazos naturais perfectos para as túas imaxes.

Non importa o teu nivel, trae a túa cámara e aprenderemos a sacarlle todo o partido.

Ademáis, acompañado por Víctor Barro, que é fotógrafo, viaxeiro, ecoloxista e montañeiro. Traballa para revistas e editoriais de viaxes, montaña e deportes de aventura, ademáis de ter máis de sete anos de experiencia dando cursos prácticos de fotografía. Apúntate!






Ubicación
Saida dende: Espazo lusquiños
Avda. de Marín, 16 - 32001 - Ourense (Ourense)
Detalles
  • Todas as actividades de Ociourense son gratuitas
  • A actividade será guiada por un monitor que marcará o ritmo e as normas de obrigado cumprimento.
  • Se alguén incumpre as normas o monitor avisará que está fora da actividade e non poderá continuar.
  • Para a realización da actividade será obrigatoria a presentación do DNI.
  • Recoméndase roupa deportiva adecuada.
Datas e inscrición
  • Grupo A
  • De 10:00 a 13:00 h
  • 22, 29 de Abril e 13 de Maio
  • Inscríbete Aquí! Quedan 3 prazas
  • Grupo B
  • De 10:00 a 13:00 h
  • 20, 27 de Maio e 03 de Xuño
  • Inscríbete a partires do 05/05/2017 as 15:00