Concello de Ourense
Escalada
Neste ano queremos darlle una volta de torca máis a Ociourense e queremos que a actividade de escalada vaia dirixida principalmente á ensinanza das habilidades básicas da escalada en bloque e deportiva no medio natural, xa que foron ás actividades que máis gustaron os anos anteriores. Levaremos a cabo formación sobre as técnicas, materiais e medidas básicas de seguridade, ademais de aumentar contidos; ensinando nocións básicas de orientación en mapa, identificación de sendeiros e iniciación ás técnicas de rápel. A modalidade de escalada en bloque consiste en ascender rutas de baixa altura e máxima dificultade, disciplina en auxe e que conta cada vez con máis practicantes, onde Galicia é unha potencia para esta practica a nivel nacional.

A escalada deportiva consiste na ascensión de rutas na rocha coa utilización de cordas, arneses, mosquetón, eta.. coma medidas de seguridade.

O rápel e una técnica básica de descenso por cordas utilizada para descender paredes no medio natural.

Ademais todo escalador que se prece, precisa saber unas normas básicas de orientación na natureza, polo que daremos uns contidos básicos de orientación, para que ninguén se perda no monte.Realizarase todas as saídas ó medio natural, pero en función da climatoloxía poderíase variar a localización da actividade.
Ubicación
Ourense
Detalles
  • Todas as actividades de Ociourense son gratuitas
  • A actividade será guiada por un monitor que marcará o ritmo e as normas de obrigado cumprimento.
  • Se alguén incumpre as normas o monitor avisará que está fora da actividade e non poderá continuar.
  • Para a realización da actividade será obrigatoria a presentación do DNI.
  • Recoméndase roupa deportiva adecuada a actividade e calzado cómodo. As persoas que teñan "pes de gato", o calzado usado para escalar, que o leven.
  • En función da metereoloxía do día, recomendando roupa de abrigo cómoda que permita liberdade de movemento.
  • Recoméndase traer roupa de recambio para o final.
Datas e inscrición
  • Grupo A
  • De 11:00 a 13:00 h
  • 22, 29 de Abril e 01, 14 de Maio
  • Inscríbete Aquí! Quedan 3 prazas
  • Grupo B
  • De 11:00 a 13:00 h
  • 20, 27 de Maio e 03, 10 de Xuño
  • Inscríbete a partires do 05/05/2017 as 15:00