Concello de Ourense
Noite de cine na rúa
Nas singulares salas de cine nos espazos ao aire libre de Ourense, podemos disfrutar gratuitamente dunha programación de película.
Ubicación
Praza. Maior (Escalinata Stª Mª Nai), Bulevar Termal das Burgas
Detalles

Sábado, 29 DE ABRIL

A lección, Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Hungria, 2014)

Sinopse

Nun pequeno pobo de Bulgaria, Nadezhda, unha nova profesora, trata de descubrir ao alumno que rouba na súa clase, de maneira que poida ensinarlle unha lección achega do que está ben e o que está mal. Pero cando se endebeda cuns prestamistas sen escrúpulos empeza a cuestionarse ela mesma cal é o camiño correcto

Lugar: Praza. Maior (Escalinata Stª Mª Nai)

Sábado, 13 DE MAIO

Anomalisa, Charlie Kaufman, Duke Johnson (EE.UU, 2015)

Sinopse

A película ten por protagonista a un motivador profesional que, canto máis axuda á xente, máis monótona e anódina é a súa vida; todo o mundo parécelle e sóalle igual. Ata que a voz dunha moza sóalle diferente e está disposto abandonalo todo e a todos por alcanzar a felicidade con ela. Película de animación escrita por Charlie Kaufman

Lugar: Bulevar Termal das Burgas

Sábado, 27 DE MAIO

La nostra vita, Daniele Luchetti (Italia, 2010)

Sinopse

Claudio é un albanel que está moi namorado da súa muller e espera a chegada do seu terceiro fillo. Con todo, cando un golpe inesperado do destino cambia a súa vida, Claudio afrontará con rabia a inxustiza persoal e social que se abateu sobre el.

Lugar: Praza. Maior (Escalinata Stª Mª Nai)

Sábado, 10 DE XUÑO

A cidade dos nenos perdidos, de Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro (Francia, 1995)

Sinopse

Sobre unha plataforma mariña perdida na néboa, o malvado Krank envellece prematuramente, pois carece dunha calidade esencial: a facultade de soñar. Por esta razón, rapta aos nenos da cidade para roubarlles os seus soños.

Lugar: Bulevar Termal das Burgas

Datas e inscrición
  • 1ª sesión
  • De 22:00 a 00:30 h
  • 29 de Abril
  • Entrada libre ata completar aforo
  • 2ª sesión
  • De 22:00 a 00:30 h
  • 13 de Maio
  • Entrada libre ata completar aforo
  • 3ª sesión
  • De 22:00 a 00:30 h
  • 27 de Maio
  • Entrada libre ata completar aforo
  • 4ª sesión
  • De 22:00 a 00:30 h
  • 10 de Xuño
  • Entrada libre ata completar aforo